Congreso Nacional de Numismática - Museo de Pontevedra
Congreso Nacional de Numismática
Do 12 ao 14 de setembro de 2024, Pontevedra acollerá a XVII edición do Congreso Nacional de Numismática, organizado polo Museo de Pontevedra e a Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos.
“Numismática, que e para que? Xeración e transferencia de coñecemento” é o tema que vertebrará esta edición do congreso. Profesionais procedentes de distintos ámbitos relacionados con esta disciplina protagonizarán sesións de debate nas que se poñerá o foco no futuro que lles agarda ao estudo e á divulgación desta ciencia. Tamén terán cabida a presentación e a comunicación de estudos recentes sobre coleccións, novos achados e proxectos de investigación en desenvolvemento. A programación completarase con actividades didácticas.
Con esta edición preténdese crear un espazo de diálogo común no que participen persoas especialistas e iniciadas, achegarlle a disciplina a quen non a coñeza e xerar un compromiso de coparticipación entre aquelas que a manteñen vixente para establecer novas dinámicas que garantan a súa supervivencia.
Coordinador científico: Antonio Roma Valdés
Comité executivo e secretaría técnica:
- Antonio Roma Valdés
- Erea Castro Alfonso
- Agar Ledo Arias
Correo electrónico de contacto: XVII-CNN@depo.gal
Infórmate das novidades do congreso