Comunidade educativa - Museo de Pontevedra
Comunidade educativa
O Museo é un escenario privilexiado para o desenvolvemento da acción educativa. O Departamento de Educación promove o diálogo e a mediación con profesores, educadores e estudantes para a realización de novas propostas que convertan ao museo nun espazo desde o que xerar experiencias transversais de aprendizaxe participativa.
O programa escolar procura atender as necesidades da comunidade educativa, desde Educación Infantil ata Bacharelato, a través dun conxunto heteroxéneo de modalidades de visita e actividades que se adaptan aos distintos niveis educativos. Por medio delas buscamos o achegamento ás coleccións do Museo, polo que as propostas se desenvolven principalmente no ámbito da Arqueoloxía e das Belas Artes. A obra de Castelao xoga un papel destacado no noso programa escolar pola súa íntima vinculación co Museo de Pontevedra e pola transcendencia da súa figura para a historia de Galicia.
Os centros escolares da provincia poden solicitar o programa de axuda ao transporte “Coñece o museo”, a través do cal a Deputación financia un autobús por cada centro durante o ano natural ata esgotar o orzamento. Está dirixido a centros escolares da provincia de Pontevedra desde segundo grao de educación infantil ata secundaria, incluídos os ciclos formativos de grao medio. Exclúense desta axuda económica os centros do núcleo urbano e aqueles que xa gozasen desta axuda ao longo deste ano natural. Para máis información.
Para os nenos e nenas de Educación Infantil que se achegan por primeira vez ao Museo presentamos propostas educativas baseadas na aprendizaxe colaborativa e na experimentación. Descubrirán o Museo e as súas coleccións desde una perspectiva lúdica, participativa e creativa. As propostas combinan obradoiros e pequenas visitas a unha selección de obras senlleiras e gozarán dun espazo cheo de riqueza.
-
A bruxa das cores
Educación Infantil
A cativada de infantil mediante o conto A Bruxa das Cores traballarán a educación socio emocional grazas á protagonista deste relato que se alimenta de cores.
45 minutos
-
Mira que te miro
Educación Infantil
Visita participativa dirixida a aprender a observar unha obra de arte, xerando estímulos que axuden a experimentar cos sentidos: vista, tacto e oído. Recoñecendo o relato que esconden e construíndo historias creamos vínculos e afectos pola arte desde ben pequenos.
60 minutos
-
Trea, a miña amiga da Prehistoria
Educación Infantil
Visita dinamizada conducida por Trea, unha moneca que viaxou no tempo para contarnos como era a vida cotiá hai miles de anos. Da súa man, utilizando réplicas arqueolóxicas e xogando coas lendas populares, coñeceremos máis en detalle algúns dos materiais arqueolóxicos significativos que se exhiben no museo e poderemos valorar por que razóns son tan importantes.
60 minutos
Para o alumnado de Educación Primaria ofrecemos visitas dinamizadas nas que se salienta a interacción e a conversa. A observación individual e a interacción do grupo configura a nosa aprendizaxe…. As propostas combinan distintas actividades como son os obradoiros e breves visitas ás obras máis senlleiras.
-
Vou ó museo
Educación Primaria (1º e 2º)
Queremos convidarvos a coñecer o Museo dun xeito distinto. Con esta visita aprenderedes a mirar un cadro, a vos mover polas súas salas libremente, e a sentir o Museo coma voso. Queremos que vos divirtades e por iso é importante a vosa participación. Ver, crear, imaxinar!!!
60 minutos
-
Mira que te miro
Educación Primaria (1º e 2º)
Visita participativa que ten como obxectivo aprender a observar unha obra de arte, creando estímulos que axuden a experimentar cos sentidos: vista, tacto e oído. Recoñecendo o relato que esconden e construíndo historias, xeramos vínculos e afectos pola arte desde ben pequenos.
60 minutos
-
Trea, a miña amiga da Prehistoria
Educación Primaria (1º e 2º)
Visita dinamizada conducida por Trea, unha moneca que viaxou no tempo para contarnos como era a vida cotiá hai miles de anos. Da súa man, e utilizando réplicas arqueolóxicas, xogando coas lendas populares, e mesmo converténdonos en ourives, coñeceremos máis en detalle algúns dos materiais arqueolóxicos significativos que se exhiben no museo e poderemos valorar por que razóns son tan importantes.
60 minutos
-
Museando
Educación Primaria (3º a 6º)
Itinerario xeral que permite coñecer as coleccións máis salientables do Museo. Adaptando o discurso a cada nivel, a visita percorre máis de 300.000 anos de historia para observar a paulatina transformación dos elementos de cultura material e a evolución da arte galega desde a Idade Media ata o século XX
60 minutos
-
Detectives da arte
Educación Primaria (3º e 4º)
Visita dinamizada na que, a través dun xogo de investigación e busca, se traballan conceptos fundamentais da arte e aprendemos por medio da observación. Produciuse un roubo no Museo e resulta urxente atopar aos culpables. Os cadernos de investigadores serán a clave para resolver o misterio.
60 minutos
-
Caixa de ferramentas
Educación Primaria (3º e 4º)
Con distintos xogos e co uso das réplicas de varios obxectos expostos nas vitrinas, explicaremos a evolución da tecnoloxía, o uso de diferentes materias primas e a paulatina transformación da cultura material. O alumnado poderá ver, tocar e divertirse aprendendo conceptos da arqueoloxía dunha maneira lúdica e dinámica, sendo en todo momento partícipes da visita. Pensada para todo tipo de nenas e nenos, e para facilitar a inclusión de alumnado con necesidades específicas.
60 minutos
-
Trazos da arte contemporánea
Educación Primaria (5º e 6º)
Visita dinamizada para coñecer algunhas das características estéticas na evolución da arte do século XX: a subxectividade e a expresividade das cores, das formas, da figuración á abstracción...
60 minutos
-
Unha viaxe pola prehistoria
Educación primaria (5º e 6º)
Percorrido polas salas de arqueoloxía desde o Paleolítico ata a romanización, no que o alumnado coñecerá, a partir dos restos arqueolóxicos expostos, algúns dos aspectos máis relevantes da vida dos nosos antepasados.
Existen dúas modalidades para escoller unha: visita guiada ou visita con apoio de ficha didáctica para o alumnado.
60/75 minutos
-
Meu Castelao
Educación Primaria (5º e 6º)
Visita guiada polas salas dedicadas á figura do xenial galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Descubriremos o seu carácter polifacético e entenderemos por que en Galicia nada sería igual hoxe sen a súa figura.
60 minutos
-
Visita ás Ruínas de San Domingos
Educación Primaria (5º e 6º)
Visita guiada aos restos conventuais das Ruínas de San Domingos, unha oportunidade para coñecer a arquitectura e a historia medieval.
A súa apertura é de carácter estacional (do 15 de marzo ao 31 de outubro) e está condicionada pola situación meteorolóxica.
45 minutos
Para Educación Secundaria ofrécense propostas de mediación nas que a participación activa por parte do alumnado é fundamental. Partimos da obra de arte e xeramos discursos relacionados coa súa realidade para fomentar a experiencia artística, sen esquecer cuestións sobre a diversidade, o xénero ou o respecto ao medio ambiente. Buscamos crear individuos críticos, capaces de ter unha opinión propia e de apreciar a arte en todas as súas versións.
-
Museando
Educación Secundaria (1º a 4º)
Itinerario xeral que permite coñecer as coleccións máis salientables do museo. Adaptando o discurso a cada nivel, a visita percorre máis de 300.000 anos de historia para observar a paulatina transformación dos elementos de cultura material e a evolución da arte galega desde a Idade Media ata o século XX
60 minutos
-
Arte en feminino: visibles
Educación Secundaria (1º a 4º)
Conscientes da necesidade de reivindicar o papel da muller como suxeito activo e participativo nos procesos de construción da realidade social, con esta visita temática recuperamos da memoria ás mulleres artistas presentes na colección do Museo cunha lectura que aposta por superar as desigualdades de xénero
60 minutos
-
Visita aos fondos arqueolóxicos e mundo antigo
Educación Secundaria (1º a 4º)
Percorrido polas salas de arqueoloxía desde o Paleolítico ata a romanización, no que o alumnado coñecerá, a partir dos restos arqueolóxicos expostos, algúns dos aspectos máis relevantes da vida dos nosos antepasados.
Existen dúas modalidades para escoller unha: visita guiada ou visita con apoio de ficha didáctica para o alumnado.
60/75 minutos
-
De galaicos a romanos
Educación Secundaria (1º a 4º)
Visita temática na que, mediante material didáctico e unha proxección audiovisual, analizaremos o contacto entre dous mundos diferentes: o indíxena e o romano. Descubriremos as transformacións que se introducen en distintos ámbitos como o social, económico, político ou simbólico como consecuencia da hexemonía romana nas nosas terras.
60 minutos
-
Os mundos de Castelao
Educación Secundaria (1º a 4º)
Visita guiada polas salas dedicadas á figura do xenial galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Descubriremos o seu carácter polifacético e entenderemos por que en Galicia nada sería igual hoxe sen a súa figura.
60 minutos
-
Visita ás Ruínas de San Domingos
Educación Secundaria (1º a 4º)
Visita guiada aos restos conventuais das Ruínas de San Domingos, unha oportunidade para coñecer a arquitectura e a historia medieval.
A súa apertura ten carácter estacional (do 15 de marzo ao 31 de outubro) e está condicionada á situación meteorolóxica.
45 minutos
Para Bacharelato ofrécense propostas de mediación na que a participación activa por parte do alumnado é fundamental. Partimos da obra de arte e xeramos discursos relacionados coa súa realidade para fomentar a experiencia artística, sen esquecer cuestións sobre a diversidade, o xénero ou o respecto ao medio ambiente. Buscamos crear individuos críticos, capaces de ter unha opinión propia e de apreciar a arte en todas as súas versións.
-
Museando
Itinerario xeral que permite coñecer as coleccións máis salientables do Museo. Adaptando o discurso a cada nivel, a visita percorre mais de 300.000 anos de historia para observar a paulatina transformación dos elementos de cultura material e a evolución da arte galega desde a Idade Media ata o século XX
60 minutos
-
Arte en feminino: visibles
Conscientes da necesidade de reivindicar o papel da muller como suxeito activo e participativo nos procesos de construción da realidade social, con esta visita temática recuperamos da memoria ás mulleres artistas presentes na colección do Museo cunha lectura que aposta por superar as desigualdades de xénero
60 minutos
-
De galaicos a romanos
Visita temática na que, mediante material didáctico e unha proxección audiovisual, analizaremos o contacto entre dous mundos diferentes: o indíxena e o romano. Descubriremos as transformacións que se introducen en distintos ámbitos como o social, económico, político ou simbólico como consecuencia da hexemonía romana nas nosas terras.
60 minutos
-
Os mundos de Castelao
Visita guiada polas salas dedicadas á figura do xenial galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Descubriremos o seu carácter polifacético e entenderemos por que en Galicia nada sería igual hoxe sen a súa figura. Estas visitas poden ir acompañadas de material didáctico, un caderno de actividades que o alumnado realizará nas salas dedicadas á figura do máximo creador en Galicia.
60/75 minutos
-
Visita ás Ruínas de San Domingos
Visita guiada aos restos conventuais das Ruínas de San Domingos, unha oportunidade para coñecer a arquitectura e a historia medieval.
A súa apertura ten carácter estacional (do 15 de marzo ao 31 de outubro) e está condicionada á situación meteorolóxica.
45 minutos
Material educativo
-
Os mundos de Castelao
-
Meu Castelao
-
Arte en Femenino - Visibles
-
Detectives da arte 1
-
Detectives da arte 2
-
Un percorrido pola arte da primeira metade do S.XX dende a perspectiva de xénero