Para todos os públicos

O Museo é un espazo aberto e interxeracional que desenvolve propostas para que todas as persoas poidamos gozar coa nosa arte, historia e cultura. Queremos ser un lugar no que compartir coñecementos, emocións e experiencias en torno ás nosas coleccións, promovendo o diálogo e a interacción cun público diverso no que teñen cabida as familias, nenas e nenos, xuventude e persoas adultas.

A través dunha intermediación sensible cos intereses deste público diverso, facemos do Museo unha factoría de experiencias de coñecemento e aprendizaxe. Baixo formatos diferentes adaptados para todas as idades, visitas guiadas, itinerarios temáticos, obradoiros, conferencias ou coloquios son algunhas das actividades que se suceden ao longo de todo o ano coa finalidade de favorecer o coñecemento das nosas coleccións, promover o diálogo e ofrecer unha proposta cultural, educativa e lúdica de calidade.

PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS GRATUITAS!!!

Se queres estar ao tanto das novidades do programa de actividades para todos os públicos accede a actividades na Web. Tamén podes seguilas a través das nosas redes sociais:

Facebook

Instagram

INFORMACIÓN SOBRE ACTIVIDADES

Se desexa recibir información sobre as actividades que se desenvolven no Museo de Pontevedra, pode subscribirse aquí: Subscrición ao Museo.