Novas - Museo de Pontevedra
Novas
-
O Museo de Pontevedra recibe a doazón do arquivo do arquivo gráfico e documental de Víctor Casas Rey
Ademais de cartas e fotografías, a doazón inclúe obxectos e pinturas, así como obra pictórica e gravados da autoría do seu fillo, Víctor Casas Julián
12/11/2026
-
Luis López e Rafa Domínguez presentan a imaxe e o lema da trixésimo terceira Bienal de Pontevedra que, de abril a setembro, vai fusionar arte contemporánea e territorio
O presidente e vicepresidente provinciais convidan a toda a cidadanía e visitantes a desfrutar dunha Bienal que comezará o vindeiro 30 de abril na cidade de Pontevedra e que ampliará á facultade de Belas Artes e á Vigo as súas sedes
09/11/2026
-
A Deputación convoca a terceira edición das residencias Novos Valores polo que dous artistas emerxentes da provincia farán estadías en Madrid e Bruxelas
Con bolsas económicas de 9.500 € cada unha, os creadores escollidos farán en 2027 residencias de tres a catro semanas na Fondation Walter & Nicole Leblanc da capital belga e de tres meses no Centro de Creación Contemporánea Matadero Madrid
02/11/2026
-
A Deputación recibe a autorización de Patrimonio para abrir os xardíns de Santa Clara á cidadanía no 2027
O vicepresidente Rafa Domínguez confirma que Patrimonio acaba de emitir o informe favorable para este proxecto de restauración paisaxística e acondicionamento funcional dos xardíns de Santa Clara, dotado cun orzamento de licitación de máis de 820.000€
18/10/2026
-
O Museo de Pontevedra incorpora á súa exposición permanente unha das escasas obras dos primeiros anos de Castelao como pintor
‘Home fumando (Retrato de Llamazares)’, datado arredor de 1908, é a obra máis antiga de Castelao presente nas salas do Museo
15/10/2026
-
O Museo de Pontevedra retira temporalmente da exposición pública o tesouro de Caldas para aplicar medidas de seguridade adicional
A medida promovida pola dirección do Museo afecta tamén a outras pezas prehistóricas de ouro que forman parte da colección
09/10/2026