Exposicións

Cada ano, o Museo organiza diversas exposicións cumprindo coa súa función de divulgación da historia, a arte e o mundo cultural en xeral, o que fai del unha institución viva e dinámica que se achega aos visitantes.

Nas devanditas exposicións preséntanse tanto fondos propios da colección permanente do museo como doutras institucións. Tamén se ofrecen panorámicas diversas do estado actual da arte e a cultura, tanto en España como, máis concretamente, en Galicia, sen esquecer os nosos vínculos con outras zonas xeográficas, especialmente Iberoamérica, todo iso froito dos últimos traballos de investigación dos especialistas.

Ademais das exposicións preparadas dentro da propia entidade, acolle outras de carácter itinerante, organizadas por outras institucións coas que existen convenios de colaboración.

Próximas exposicións

  • Infiltracións III. Marta Pazos

    03/2025 - 10/2025 Comisario: Iñaki Martínez Antelo

  • Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia

    14/03/2025 - 20/04/2025 Comisario: Xosé Carlos Valle Pérez

  • 32 Bienal de Pontevedra. Volver a ser humanos... ante a dor dos demais

    21/06/2025 - 30/09/2025 Comisario: Xosé Antón Castro

  • Infiltracións IV. Ira Lombardía

    10/2025 - 03/2026

  • José Ruibal. Un escritor de centenario

    10/2025 - 11/2025 Comisario: Xosé Enrique Acuña

  • Leopoldo Varela, a forza da cor

    10/2025 - 01/2026 Comisaria: Beatriz de San Ildefonso Rodríguez

  • Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX

    11/2025 - 02/2026 Comisarias: Cristina Echave Durán e Reis Camiña Castro