A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía

Datas: 10/07/2024 - 29/09/2024
Localización: Edificio Castelao, Museo de Pontevedra

Unha conversa entre as coleccións do Museo de Pontevedra, a Fundación María José Jove e TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary


Comisarias: Susana González (Fundación María José Jove), Chus Martínez (TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary), Ángeles Tilve (Museo de Pontevedra).

Unha exposición en tres actos que vincula as coleccións de arte da Fundación María José Jove e de TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary cos fondos artísticos, arqueolóxicos e etnográficos do Museo de Pontevedra.

Baixo os epígrafes “Acto I. Imaxinación-mar”, “Acto II. Transformación-terra” e “Acto III. Renacemento-aire”, mostraranse obras de Maruja Mallo, Vasili Kandinski, Pablo Picasso, Fernand Léger, Joan Miró, Miquel Barceló, Luis Gordillo, Louise Bourgeois, Ernesto Neto, Menchu Lamas, Noa e Lara Castro ou Teresa Solar arredor das narrativas ficcionadas, esenciais para comprender a realidade.