Conexión social

O Museo traballa na continua mellora dos seus servizos ao visitante e no desenvolvemento dunha programación educativa que, ofrece atención a públicos diversos, ofrecendo visitas adaptadas ás necesidades de diferentes colectivos entre os que destacan as persoas maiores, persoas con deterioración cognitiva, persoas con diversidade funcional sensorial, persoas con diversidade funcional intelectual, saúde mental…

Na creación e deseño de actividades e materiais adaptados contamos co asesoramento de múltiples institucións e asociacións entre as que podemos destacar á ONCE (Organización Nacional de Cegos); Amencer-Aspace (Asociación de discapacitados psíquicos Virxe da O) e FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

Contamos con réplicas dalgunhas das nosas obras para que as persoas con discapacidade visual poidan experimentar a arte e a historia a través do tacto. Tamén ofrecemos visitas guiadas con intérprete de Lingua de Signos Española e desenvolvemos actividades para favorecer a participación no mundo da cultura no ámbito da saúde mental.

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE CONEXIÓN SOCIAL

Se desexa recibir información sobre este programa pode enviar un correo electrónico a educacion.museo@depo.es ou chamar ao teléfono 986 804 100 (extensiones 42416, 42412 e 42413)

Visitas guiadas gratuítas con intérprete de Língua de Signos Española (ILSE)

Un ano máis, coa colaboración da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia – FAXPG -, invitámosmos a realizar unha visita guiada ao Museo de Pontevedra na compañía dun guía do Museo e dun intérprete de lingua de signos. A visita é gratuíta.

O Museo de Pontevedra posúe unha grande e heteroxénea colección, na que poderedes gozar de tres posibles visitas a elixir:

  • Visita ás salas de Arqueoloxía como unha aproximación á Prehistoria e Historia Antiga de Galicia.
  • Visita ás Ruínas de San Domingos (só en tempada na que abre as súas portas, do 1 de abril ao 31 de outubro).
  • Visita por unha selección de obras relevantes do Museo.

Para concretar o día e a hora da visita só é necesario contactar co departamento de Educación do Museo: educacion.museo@depo.gal

A solicitude debe realizarse con 15 días de antelación como mínimo.

Deberase especificar:

  • A data e a hora escollida.
  • O tipo de visita.
  • Número de persoas que van realizar a visita (mínimo de 6 persoas e máximo de 50).
  • Nome dunha persoa de contacto.