Comunicacións - Museo de Pontevedra
COMUNICACIÓNS
O congreso está aberto á participación mediante comunicacións, que se presentarán neste e se recollerán nas actas.
- O prazo de presentación das comunicacións rematará o 15 de abril
- Un comité científico valorará a súa inclusión no programa do congreso
- A partir do 30 de abril comunicaráselles ás persoas interesadas a aceptación das comunicacións
- A inscrición das comunicacións aceptadas ten un custo de cincuenta (50) euros
COMUNICACIÓNS ACEPTADAS
Presentacións no congreso
O horario e lugar de presentación de cada comunicación pode consultarse no programa dispoñible na web.
O tempo de cada comunicación será de 10 minutos. As presentacións deberán axustarse ao tempo asignado.
A comunicación debe ir acompañada dunha presentación en PPT ou PDF seguindo o modelo que se pode descargar nesta páxina. O número máximo de páxinas ou diapositivas na presentación será de 11: unha para o título e o resto para o contido da comunicación.
A presentación dixital deberá enviarse á dirección de correo electrónico do congreso (XVII-CNN@depo.gal) e indicarase no asunto o apelido do autor, seguido de XVIICNN. En caso de ser máis dunha autora ou autor indicarase “apelido autor 1 + apelido autor 2”, seguido de XVIICNN.
O prazo de entrega para estas presentacións dixitais será ata o 5 de setembro de 2024.
Actas
As comunicacións presentadas no XVII Congreso Nacional de Numismática publicaraas en formato electrónico o Museo Casa de la Moneda de Madrid.
Enviaranse seguindo a normativa que se indica no seguinte documento. Aqueles artigos que non se rexan estritamente polas normas aquí indicadas non se publicarán.
A data límite de entrega dos textos definitivos será o 30 de decembro de 2024.
Enviaranse ao correo electrónico XVII-CNN@depo.gal, e no asunto indicarase o apelido do autor seguido de XVIICNN. En caso de ser máis dunha autora ou autor indicarase “apelido autor 1 + apelido autor 2”, seguido de XVIICNN.
Para calquera dúbida ou observación poderán poñerse en contacto a través do correo electrónico do congreso (XVII-CNN@depo.gal).