Losón
A parroquia de Santa Baia de Losón foi obxecto de estudo pormenorizado por parte dos membros do seminario durante as súas xeiras. Temos constancia de, polo menos, dúas visitas: o xoves 28 de xuño de 1928 e o martes 26 de xuño de 1934. Nelas tomaron notas da igrexa de Santa Baia e do santuario do Corpiño, lugar de peregrinación que reúne cada ano miles de romeiras e romeiros devotos da Virxe. Preto está a parroquia de San Pedro de Losón, aínda que pertence ao concello de Vila de Cruces.
Concello: Lalín
Imaxes








