null Xeiras do Deza - Goias

A mañá do mércores 27 de xuño de 1928 un grupo de seminaristas realizou unha primeira excursión a Goiás, visita que repetiron polo menos noutra ocasión, o xoves 26 de xuño de 1930.

A igrexa de San Miguel de Goiás é un templo románico do século xii que conserva moitas das partes principais da primitiva construción. Del tomarían notas de planos e alzados do edificio e do seu importante conxunto lapidar, heráldico e epigráfico, que o fan único, e no que destacan especialmente as capelas funerarias dos Gundín Salgado e dos Taboada e Camba.

Nesta parroquia tamén visitaron o xa arruinado pazo de Beilás, do que fixeron bosquexos da súa planta e debuxos doutros elementos arquitectónicos. 

Imaxes

Álbum Terra de Deza. P2C4-1
Álbum Terra de Deza. P2C4-1
Álbum Terra de Deza. P2C4-1
Álbum Terra de Deza. P2C4-1
Goiás. Cruceiro do cemiterio. FV261-15
Goiás. Cruceiro. RG3641.2
Goiás. Cruceiro. RG3641
Goiás. Cruceiro. RG3643
Goiás. Cruceiro. RG3649
Goiás. Planta de San Miguel. Sebastián González, 3-27
Goiás. Portada lateral de San Miguel. FV262-5