Presentación - Museo de Pontevedra
PRESENTACIÓN
XV Encontro de Conservación e Restauración
O Dourado no Patrimonio Cultural
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Xoves 19 e venres 20 de novembro de 2026
O dourado acompaña a historia da arte e do patrimonio desde hai séculos, achegándolles luz, simbolismo e riqueza a obras de moi diversa natureza. Retablos, esculturas, pinturas, obxectos arqueolóxicos ou elementos arquitectónicos conservan aínda hoxe a pegada desta técnica, cuxa preservación supón importantes retos.
Con esta edición do Encontro de Conservación e Restauración, o Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia propoñen unha aproximación ao fascinante universo do dourado a través da experiencia de profesionais e investigadoras e investigadores de referencia. Ao longo de dúas xornadas, abordaranse a súa historia, os materiais e procedementos empregados na súa execución, así como os avances máis recentes no seu estudo, conservación e restauración; ofrecerase un espazo de encontro e intercambio aberto tanto a profesionais coma ao alumnado e ás persoas interesadas no patrimonio cultural.
Organiza:
Museo de Pontevedra, coa colaboración da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Dirixido a:
Profesionais do ámbito da museoloxía e da conservación e restauración. Aberto a estudantes de disciplinas relacionadas co tema do encontro: conservación e restauración, historia, historia da arte…
Formato:
Presencial. As intervencións rexistraranse en vídeo para poñelas á disposición das persoas interesadas na páxina web do encontro.
Comité científico:
- Susana Ara Poceiro. Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
- Sonia Briones Vázquez. Museo de Pontevedra
- Mercedes del Campo Lores. Museo de Pontevedra
- Andrea Fernández Arcos. Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
- Óscar Taboada Romero. Museo de Pontevedra
Coordinación e secretaría técnica:
- Diana Duo Ramila. Museo de Pontevedra
- Pilar Moreira Díaz. Museo de Pontevedra
- Raquel Torres Fernández. Museo de Pontevedra