Actividades pasadas - Museo de Pontevedra
Actividades pasadas
-
Museo en Camiño: obradoiros artísticos experimentais para familias
Desenvolveranse no Edificio Castelao os sábados 1, 8, 15 e 22 de outubro, con prazas reservadas para nenas e nenos con necesidades especiais.
-
Obradoiros de tecnoloxía prehistórica polo Día Europeo da Arte Rupestre
O 5 de outubro desenvolveranse dous obradoiros dirixidos a centros escolares e un dirixido a familias ás 17.30 horas.
-
Conferencia de Beatriz Comendador polo Día Europeo da Arte Rupestre
O 11 de outubro ás 19.00 horas, Beatriz Comendador pronunciará a conferencia ‘Investigacións sobre o contexto da pintura rupestre esquemática no noroeste peninsular’.
-
Simposio ‘O cine de Carlos Velo, León Felipe e os poetas do exilio republicano en México’
Conferencias, proxeccións e recital poético os días 4 e 5 de outubro ás 19.00 horas no Edificio Castelao
-
Intramuros. Obradoiros de arquitectura para nenas e nenos
Catro sesións de obradoiros dirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos para que coñezan o valor arquitectónico e urbanístico de Pontevedra con actividades entre o xogo e a plástica. Serán os días 27, 28, 29 e 30 de setembro de 17:00 a 19:00 horas no Edificio Castelao.
-
O Museo en Camiño, volta á ruta
Actividades en centros educativos de Barro, Catoira, Ponte Sampaio, Pontecesures e Cesantes. Setembro e outubro de 2022.
-
Papagena. Ópera contemporánea de pequeno formato
O sábado 10 de setembro ás 21:30 horas, as Ruínas de San Domingos acollen a estrea oficial deste espectáculo da compañía Butacazero.
-
Rodrigo Ramos en concerto en ‘EmprazArte’
O venres 23 de setembro ás 21.00 horas actuará Rodrigo Ramos na praza que dá acceso ao Edificio Castelao. O concerto forma parte da programación de ‘EmprazArte’, unha iniciativa do Museo dirixida a todos os públicos.
-
Magín Blanco presenta ‘Cadernos de cores e cancións’ en ‘EmprazArte’
O sábado 24 de setembro ás 12:30 horas actuará Magín Blanco na praza que dá acceso ao Edificio Castelao. A actuación forma parte da programación de ‘EmprazArte’, unha iniciativa do Museo dirixida a todos os públicos.