Conferencia de Beatriz Comendador polo Día Europeo da Arte Rupestre

O 11 de outubro ás 19.00 horas, Beatriz Comendador pronunciará a conferencia ‘Investigacións sobre o contexto da pintura rupestre esquemática no noroeste peninsular’.

Arte rupestre

Beatriz Comendador é arqueóloga e profesora contratada doutora da Área de Prehistoria da Facultade de Historia do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Dirixiu e participou en varios proxectos de investigación arqueolóxica na área transfronteiriza do val do Támega e dirixiu a investigación do xacemento de Penedo Gordo (Vilardevós) e a do conxunto arqueolóxico da Cidá das Laxes das Chas/Castelo de Lobarzán (Monterrei), dous dos catro sitios onde se ten atopado arte esquemática pintada en Galicia.

Esta palestra ten como obxectivo achegar ao público o fenómeno da pintura rupestre postpaleolítica, así como contextualizar estes achados nunha visión integrada transfronteiriza, tendo en conta o conxunto das manifestacións de arte rupestre peninsular.

Acceso libre e gratuíto.