Magín Blanco presenta ‘Cadernos de cores e cancións’ en ‘EmprazArte’

O sábado 24 de setembro ás 12:30 horas actuará Magín Blanco na praza que dá acceso ao Edificio Castelao. A actuación forma parte da programación de ‘EmprazArte’, unha iniciativa do Museo dirixida a todos os públicos.

Ruínas de San Domingos

Magín Blanco é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. En  ‘EmprazArte’ presentará o espectáculo ‘Caderno de cores e cancións’. Trátase dun percorrido pola creación musical e literaria das cancións, que parte do legado dos trobadores vencellado ás cores e as súas sinerxías, tanto emocionais como naturais. Acompañado no escenario por Pablo Vidal, Magín Blanco xogará con elementos sinxelos como as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas para construír e descubrir un universo persoal ou colectivo.