O Museo en Camiño, volta á ruta

Actividades en centros educativos de Barro, Catoira, Ponte Sampaio, Pontecesures e Cesantes. Setembro e outubro de 2022. 

16/09/2022

 O Museo en Camiño, volta á ruta  

O museo en Camiño é un programa didáctico itinerante que pretende achegar o patrimonio do Museo Provincial de Pontevedra ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria de cinco poboacións no Camiño portugués:

  • 16 de setembro. Barro. CEIP Amor Ruibal
  • 21 de setembro. Catoira. CPI de Progreso
  • 29 de setembro. Pontecesures. CPI de Pontecesures
  • 3 de outubro. Ponte Sampaio. CEIP de Ponte Sampaio
  • 11 de outubro. Cesantes. CEIP Outeiro das Penas

O alumnado recibe a visita de Raquel Queizás, que fai unha representación teatral baseada nunha escolma de pezas significativas da colección do Museo. Dunha maneira innovadora, a rapazada achégase a un anaco de patrimonio que viaxa pola ruta xacobea para poñelos en contacto con partes da súa propia historia que descoñecen. O alumnado participante recibe un prego didáctico ilustrado con información do Camiño de Santiago e do patrimonio máis representativo do Museo de Pontevedra.

O proxecto é unha iniciativa de taller abierto e Paspallás en colaboración co Museo de Pontevedra. Forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.