Visitas guiadas á Bienal de Pontevedra

As visitas guiadas á bienal son unha oportunidade perfecta para descubrir os contidos e os espazos desta edición da man de especialistas

Visitas guiadas a Bienal de Pontevedra

Haberá visitas para particulares os xoves pola tarde, os sábados en horario de mañá e tarde, e os domingos, con percorridos temáticos por diferentes sedes da mostra.

Xoves (do 10 de xullo ao 25 de setembro) 
18 h. Visita comentada á bienal nos edificios Castelao e Sarmiento

Domingos (do 13 de xullo ao 28 de setembro)

  • 12 h. Visita comentada á bienal nos edificios Castelao e Sarmiento
  • 20 prazas por visita 
  • Inscrición previa en reservas.museo@depo.es, de luns a venres, de 8 a 14 h (especificaranse data da visita, nome, número de persoas, procedencia e teléfono de contacto)
  • Punto de encontro: recepción do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Sábados (do 12 de xullo ao 27 de setembro) 
Os percorridos organizaranse alternando o horario das zonas cada fin de semana; comezarase o sábado 12 de xullo visitando a zona 1, ás 11 h, e a zona 2, ás 18 h, e o sábado seguinte inverterase a orde. Así, as persoas participantes poderán visitar as dúas zonas no horario que lles resulte máis adecuado.

*11 h. Zona 1: “Esperanza na escuridade” 

  • Visita aos espazos: Castelao, Sarmiento, igrexa de Santa Clara, Fundación Manuel Moldes e Café Moderno
  • Duración: 2 h 15 min (cunha pausa de 15 min)
  • Punto de encontro: Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

*19 h. Zona 2: “Futuros posibles”

  • Visita aos espazos: Ruínas de San Domingos, Pazo provincial, Facultade de Belas Artes, Casa da Luz, Fundación RAC, ponte de Santiago e Pazo da Cultura
  • Duración: 2 h 20 min (cunha pausa de 15 min)
  • Punto de encontro: Ruínas de San Domingos

20 prazas por visita
Inscrición previa en https://espiralxc.es/visitas-guiadas/

VISITAS PARA GRUPOS
Para visitas en grupo á bienal nos edificios Castelao e Sarmiento, deberase concertar cita en educacion.museo@depo.es ou nos teléfonos 886 201 410 ou 986 804 100 (extensións 42413-42416).