Simposio ‘O cine de Carlos Velo, León Felipe e os poetas do exilio republicano en México’

Conferencias, proxeccións e recital poético os días 4 e 5 de outubro ás 19.00 horas no Edificio Castelao

Carlos Velo

O Museo de Pontevedra acolle os días 4 e 5 de outubro un simposio para achegarse á figura do cineasta galego Carlos Velo e a súa relación coas republicanas e republicanos que, como el, estiveron no exilio en México. As xornadas, con acceso de balde, inclúen proxeccións de documentais cinematográficos ata agora inéditos, conferencias e un recital poético. Organiza a Fundación Carlos Velo coa colaboración do Museo de Pontevedra.

Programa

1ª xornada. Martes, 4 de outubro de 2022. 19:00 horas

  • Intervencións inaugurais:
    • José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra
    • Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo
  • Xosé Enrique Acuña (Fundación Carlos Velo): ‘O cineasta Carlos Velo, León Felipe e as voces do exilio’
  • Miguel Ángel Cuña (Fundación Cuña-Casasbellas): ‘León Felipe, poemas, cancións e impacto dun poeta exiliado’
  • Proxección de pezas documentais de Carlos Velo pertencentes ao seu proxecto videográfico ‘Los republicanos españoles en el exilio’ (1983). 1ª sesión: Unha homenaxe a León Felipe con Luis Buñuel de fondo
    • “El éxodo y el llanto”
    • “Homenaje a León Felipe”
    • “Poetas sin retorno”
    • “Homenaje a Luis Buñuel”

2ª xornada. Mércores, 5 de outubro de 2022. 19:00 horas

  • Miguel Anxo Fernández (Fundación Carlos Velo / Universidade de Vigo): ‘Carlos Velo e a súa experimentación cinematográfica en México’
  • Graciela Baquero Ruibal: recital de poetas do exilio español en México presentes nos documentais de Carlos Velo: León Felipe, Juan Rejano, Manuel Altolaguirre, Concha Méndez, Pedro Garfias, Luis Cernuda, Juan Larrea, Emilio Prados, José Moreno Villa e Juan José Domenchina.
  • Proxección de pezas documentais de Carlos Velo pertencentes ao seu proxecto videográfico ‘Los republicanos españoles en el exilio’ (1983). 2ª sesión: Vida cultural e política do exilio español en México
    • “Niños de Morelia”
    • “Vida Cultural”
    • “Vida Política”
    • “Vida cotidiana”
    • “Divinas Palabras”
    • “Lázaro Cárdenas”

audios

Intervención de Xosé Enrique Acuña (Fundación Carlos Velo): ‘O cineasta Carlos Velo, León Felipe e as voces do exilio’

Intervención de Miguel Ángel Cuña (Fundación Cuña-Casasbellas): ‘León Felipe, poemas, cancións e impacto dun poeta exiliado’