Visitas guiadas

Todas as visitas guiadas do Museo son gratuítas. 

Ofrécense visitas con intérprete en Lingua de Signos Española.

 

VISITAS GUIADAS Á COLECCIÓN PERMANENTE

Percorrido guiado, de 60 minutos de duración, os sábados, os domingos e festivos ás 12:00 horas.

Non se necesita inscrición previa.

O grupo non poderá exceder de 25 persoas por guía (ata un máximo de tres grupos simultáneos; consultar dispoñibilidade).

 

VISITAS GUIADAS ÁS EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

Realízanse normalmente os xoves e os sábados pola tarde. En función da exposición, poden requirir inscrición previa. Consulte na sección de exposicións desta web os horarios e condicións de visitas de cada mostra.

 

VISITAS GUIADAS ÁS RUÍNAS DE SAN DOMINGOS

Do 1 de abril ao 15 de outubro. Percorrido guiado, de 30 minutos de duración, de martes a venres ás 12:00 horas.

Non se necesita inscrición previa.

 

VISITAS DE GRUPOS CONCERTADOS

Percorrido guiado de 60 minutos de duración polas salas da colección permanente, ou de 30 minutos de duración polas Ruínas de San Domingos.

O grupo non poderá exceder de 25 persoas (ata un máximo de tres grupos simultáneos. Consultar dispoñibilidade).

De martes a domingo en horario a convir, suxeito a dispoñibilidade.

Imprescindible inscrición previa.

Formulario de reserva de grupos concertados.

 

Máis información e contacto:

educacion.museo@depo.gal

986 804 100 extensión 42416

(de luns a venres de 8:30h a 14:30h)