Visitas guiadas á exposición permanente
Percorrido guiado, de 60 minutos de duración, os sábados, os domingos e festivos ás 12:00 horas.
Na visita, de unha hora de duración, faise unha pequena introdución ao Museo e aos edificios que se van visitar. A continuación realízase un percorrido centrado principalmente na arte galega, que se detén nalgunhas das pezas máis significativas da colección: o Tesouro de Caldas e os fondos arqueolóxicos; o Retablo de Belvís e a arte sacra; a Xeración Doente con mención especial a Jenaro Carrero e Ovidio Murguía; Sotomayor, Lloréns e a pintura rexionalista; e a obra e a figura de Castelao.