Navegación

  • Volver ao contido
españolgalegoenglish
Facebook Instagram Youtube
Buscar

Logo Museo de Pontevedra Museo de Pontevedra

  • Museo
    • Historia
    • Edificios
    • Equipo
  • Visita
    • Organiza a túa visita
    • Visitas guiadas
    • Visita virtual
  • Colección
    • Explora a colección
    • Esenciais
    • Visita virtual
    • Coñeces o teu
  • Exposicións
    • Exposicións actuais
    • Exposicións pasadas
  • Actualidade
    • Actividades
    • Novas
    • Proxectos
  • Educación
    • Comunidade educativa
    • Para todos os públicos
    • Conexión social
    • Acción cultural
  • Biblioteca e documentación
    • Biblioteca
    • Arquivo
    • Publicacións
logo
españolgalegoenglish
Buscar
  • Museo
    • Museo
    • Historia
    • Edificios
    • Equipo
  • Visita
    • Visita
    • Organiza a túa visita
    • Visitas guiadas
    • Visita virtual
  • Colección
    • Colección
    • Explora a colección
    • Esenciais
    • Visita virtual
    • Coñeces o teu
  • Exposicións
    • Exposicións
    • Exposicións actuais
    • Exposicións pasadas
  • Actualidade
    • Actualidade
    • Actividades
    • Novas
    • Proxectos
  • Educación
    • Educación
    • Comunidade educativa
    • Para todos os públicos
    • Conexión social
    • Acción cultural
  • Biblioteca e documentación
    • Biblioteca e documentación
    • Biblioteca
    • Arquivo
    • Publicacións
Facebook Instagram Youtube

Comunicacións - Museo de Pontevedra

Museo de Pontevedra, do 8 ao 10 de xullo de 2025
Facedoras de Cultura
Xornadas Internacionais de Estudos Transatlánticos
  1. Actualidade
  2. Proxectos
  3. Facedoras de cultura
  4. Comunicacións
  • Presentación
  • Programa
  • Sinopses
  • Notas biográficas

Comunicacións

Facedoras de Cultura

Xornadas Internacionais de Estudos Transatlánticos

 

Lugar: Museo de Pontevedra

Datas: do 8 ao 10 de xullo de 2025

Sesión: “Facedoras sobre o mar: Galicia transatlántica” (xoves, 10 de xullo de 2025)

As mulleres desenvolveron un papel fundamental nas relacións culturais producidas entre España e América Latina ao longo do século xx. Con todo, as conexións e reciprocidades culturais tecidas a través do espazo transatlántico foron estudadas principalmente no ámbito masculino. Máis aínda, o estudo da traxectoria de artistas, intelectuais e xestoras culturais é a miúdo abordado desde perspectivas nacionais e ámbitos disciplinarios pechados.

As Xornadas Internacionais de Estudos Transatlánticos están organizadas conxuntamente polo Museo de Pontevedra e o proxecto de investigación I+D+i “Facedoras de cultura: conexións e intercambios artísticos transatlánticos no século xx”, (PID2022-142633OA-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España, a Axencia Estatal de Investigación e os fondos FEDER. Nelas abordaranse en profundidade un panorama amplo e variado de traxectorias de mulleres nas artes en España e Latinoamérica durante o século xx, con especial interese en disciplinas visuais e sonoras. O programa das xornadas articúlase a través de tres liñas temáticas: o espazo transatlántico como contorna de mobilidade e intercambio durante o século xx, con énfase nos países menos estudados; a experiencia creativa de mulleres vinculadas a Galicia; e a valoración de producións de artesanía ou prácticas artísticas en soportes non convencionais. Interésanos ademais resaltar a noción de encontros entre distintas disciplinas, correntes migratorias ou dinámicas de intercambio cultural.

Nesta sesión, que terá lugar o xoves 10 de xullo de 2025, convidamos a estudantes, investigadoras e investigadores emerxentes a presentar contribucións que visibilicen a experiencia creativa de mulleres na contorna transatlántico galega ao longo do século xx. Na sesión expoñerase un compendio de investigacións en curso, con contribucións de 10 minutos cada unha. Esta convocatoria está aberta tanto aos colectivos antes sinalados vinculados a institucións galegas ou doutras latitudes dentro e fóra de España coma a aquelas que se dediquen a proxectos científicos ou creativos de maneira independente. As propostas poden apuntar a unha ampla gama de contornas creativas, incluíndo as artes visuais, gráficas, sonoras ou téxtiles, creación de artesanías e a xestión cultural desde perspectivas historiográficas, sociolóxicas ou creativas. A participación neste encontro ofrece a posibilidade de recibir as impresións do grupo de investigación do proxecto “Facedoras de cultura ”. Os relatorios seleccionados poderán presentarse en español ou galego.

Data límite para presentar propostas: amplíase ata o 31 de maio de 2025.

Para participar débese enviar un resumo (dun máximo de 300 palabras) e unha breve biografía (máximo de 100 palabras) a infoarteygenero@cchs.csic.es.  

Coordinación científica:

Carmen Gaitán Salinas. CSIC, Instituto de Historia

Michel Otayek. Freie Universität Berlin, ZI Lateinamerika-Institut

Diana Duo Ramila. Museo de Pontevedra

Comité científico:

  • Ester Alba Pagán. Universitat de València 
  • Rodrigo Gutierrez Viñuales. Universidad de Granada
  • Sol Izquierdo de la Viña. Universidad Complutense de Madrid
  • Alejandra Rosenberg. Brown University
  • Pilar Serrano Betored. Universidad Autónoma de Madrid
  • Ute Seydel. Universidad Nacional Autónoma de México

Máis información en https://arteygenero.cchs.csic.es/proxectos-arte-e-xero/hecedoras/

Mantente informado dos nosos eventos e actividades
QUERO RECIBIR INFORMACIÓN

Copyright © 2022. Deputación de Pontevedra
Edificio Fernández López. Rúa Pasantería, 2- 36002 Pontevedra ES
+34 986 804 100

Mapa Web | Aviso legal | Accesibilidade | Protección de datos | Política de cookies | Contacto

Outras webs da Deputación

PRAT / CARP
  • Museo
    • Historia
    • Edificios
    • Equipo
  • Visita
    • Organiza a túa visita
    • Visitas guiadas
    • Visita virtual
  • Colección
    • Explora a colección
    • Esenciais
    • Visita virtual
    • Coñeces o teu
  • Exposicións
    • Exposicións actuais
    • Exposicións pasadas
  • Actualidade
    • Actividades
    • Novas
    • Proxectos
  • Educación
    • Comunidade educativa
    • Para todos os públicos
    • Conexión social
    • Acción cultural
  • Biblioteca e documentación
    • Biblioteca
    • Arquivo
    • Publicacións