Lodeiro
No percorrido entre Soutolongo e Barcia, os seminaristas pararon en Lodeiro, onde tomaron escasas notas sobre a igrexa parroquial, un edificio sinxelo e apenas destacable. En troques, centráronse nunha análise máis exhaustiva de dous apeiros fundamentais: o arado e o carro.