Campo de sementes 2
‘Campo de sementes 2’ segue a pescudar no traballo realizado tanto polo profesorado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra como dos egresados e egresadas que saíron das aulas do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
O presente proxecto tivo unha primeira edición co título ‘Mestras e mestrados’ que se puido ver no Edificio Sarmiento deste Museo de Pontevedra entre finais de 2020 e principios de 2021. Houbo logo unha segunda mostra co título ‘Campo de sementes’ na Fundación RAC de Pontevedra entre abril e maio de 2021. Entre ambas mostras participaron un total de 26 artistas.
Agora neste terceiro capítulo son 13 as e os artistas que amosan á cidadanía o seu traballo creador. Artistas vellos e novos, docentes na súa meirande parte, mais tamén exalumnado, que representan ben a diversidade de xeracións e linguaxes artísticas que se están a dar no seo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e que, cómpre non esquecelo, están a construír o edificio da arte contemporánea galega.
Coa participación de:
- Maruxa Alonso Gago
- Berta Cáccamo
- Miguel Cuba
- Manolo Dimas
- Carlos Fer
- Elena Fernández Prada
- Juan Fontaíña
- Xisela Franco
- Carmen Lage
- Teresa Pajares
- Ignacio Pérez-Jofre
- Lucía Romaní
- Sonia Tourón Estévez
Comisario: Xosé Manuel Buxán Bran