Le Japon Artistique: arte xaponesa na biblioteca do Museo de Pontevedra

24/10/2023

Le Japon artistique (París) é unha publicación de excepcional interese, na que a arte xaponesa, que influíu directamente no desenvolvemento do impresionismo e fundamentalmente o postimpresionismo, é recollida de forma exhaustiva por primeira vez en Europa.

Forma parte da biblioteca persoal de Casto Sampedro y Mon, e constitúe unicamente unha mostra,  relevante iso si, do gran valor artístico desta biblioteca, onde ás obras ilustradas de gran calidade, con láminas, gravados etc, súmase a beleza das súas  encadernacións, e na que a temática artística está presente dunha forma ou outra nas súas aproximadamente 1.400 volumes.

 Ver artigo en PDF

María José Camaño Antepazo