XIV Noites de Música Antiga: Ars Longa

Venres 28 de xullo ás 20:00 h na igrexa do Convento de Santa Clara

Igrexa do Convento de Santa Clara

* Debido á alta demanda da actividade e a capacidade limitada do espazo, o acceso realizarase mediante reserva previa de praza, escribindo antes do 28 de xullo ás 14:00 h a reservas.museo@depo.gal (indicarase o nome completo e poderanse reservar como máximo dúas prazas por persoa).
XIV Noites de Música Antiga: Ars Longa

Ars Longa foi creado por Teresa Paz e Aland López en 1994 en La Habana, xunto con intérpretes saídos dos conservatorios da capital cubana e do Instituto Superior de Arte, dedicados ao labor de recuperación e estudo do repertorio entre a Idade Media e o Barroco, con especial atención á música do período colonial na América Hispana. Neste eido, Ars Longa abordou a interpretación e gravación de versións historicamente informadas dos compositores americanos, e particularmente, de Esteban Salas, mestre de capela que fora da catedral de Santiago de Cuba entre 1764 e 1803, e que dá nome ao Festival de Música Antiga que se celebra en La Habana, no que Ars Longa é o grupo anfitrión.

Ao longo destas case tres décadas de vida, Ars Longa actuou en relevantes festivais de música nacionais e internacionais de Europa e América, como o Festival Internacional de Música y Danza de Granada (2008 e 2010) ou a 49 Semana de Música Religiosa de Cuenca en España; o Stockolm Early Music Festival (2008) en Suecia; o Festival Rezonancen (2011 e 2013) en Austria; o XVIII Festival Internacional de Música de Morelia (2006) en México ou o Festival de Música Sacra de Quito (2013) en Ecuador.

O grupo gravou once álbums dedicados á música do período colonial de España en América, con obras dos mestres de capela das catedrais de Cuba, México ou Guatemala, o que lles reportou numerosos premios da crítica en Francia, Estados Unidos de América e España, así como recibir por sete veces o premio Cubadisco, máximo galardón da discografía cubana.

Tesouros de América comprende unha ampla e coidada selección de compositores que se moven entre América e España, ben eles persoalmente en moitos casos, ben a súa música, integrada como parte do patrimonio da música das cidades do Novo Mundo hispano. Entre pezas vocais e instrumentais, achégasenos un repertorio variado e representativo da altísima altura artística que se acadou nos ámbitos relixiosos e profanos. Pero tamén, é representativo de ata que punto a música da América Hispana da época virreinal foi un espazo de fértil cruzamento das músicas de diferentes procedencias (Europa, América e África) e de diferentes estratos sociais, dando como resultado unha sorprendente e mesmo por veces turbadora mestura de ritmos, xiros melódicos e mesmo de linguas, como se aprecia en varias das obras deste programa.  

Intérpretes

  • Teresa Paz. Soprano e dirección
  • Andrea Trueba. Mezzosoprano
  • Aland López. Arquilaúde e guitarra barroca
  • Beatriz López. Viola da gamba

Programas

Tesouros de América

  • Villancicos, tonos e danzas de arquivos da América dos séculos XVI, XVII e XVIII
  • Si el Alba Sonora
    • Tomás de Torrejón y Velasco (España 1644 - Perú 1728) /Archivo arquidiocesano de Guatemala
  • Fantasía sobre el Canto del Caballero
    • Bartolomé de Selma y Salaverde (c. 1595 Cuenca - c.1640)/ Canzoni, fantasie et correnti, Venice 1638
  • De esta Rosa tan bella
    • Tomás de Torrejón y Velasco
  • Sussanna Passeggiata
    • Bartolomé de Selma y Salaverde
  • Cuando el bien que adoro
    • Tomás de Torrejón y Velasco
  • Jácaras
    • Gaspar Sanz (Calanda, 1640 - Madrid, 1710) / Instrucción de música sobre la guitarra española (Zaragoza, 1674)
  • Morenita con gracia es Maria
    • Juan de Araujo (Villafranca, España 1646 - Sucre, Bolivia 1712 ) / Archivo Biblioteca Nacional de Bolivia
  • Zarabanda
    • Gaspar Sanz
  • Tarará qui yo soy Antón
    • Antonio de Salazar (ca. 1650-1715) / Colección Sánchez Garza. CENIDIM
  • Cumbées
    • Santiago de Murcia (Madrid,1673 -1739)/ Códice Saldivar no 4, ca 1730, México
  • Dadme Albricias   
  • Eso rigo rerepente
    • Gaspar Fernández (Guatemala, 1596-Puebla, México,1629) / Archivo Histórico de la Arquidiócesis de Antequera-Oaxaca. Cancionero Musical de Gaspar Fernández
  • Lanchas para bailar
  • El diamante
  • Cachua al nacimiento "Niño il mijor"
  • La Lata
  • Cachua al nacimiento de nuestro Señor Jesucristo
    • Códice Baltazar Martínez Compañón, Trujillo del Perú (1782-1785)
  • Xicochi conetzintlé
    • Gaspar Fernández (Guatemala,1596-Puebla, México,1629) / Archivo Histórico de la Arquidiócesis de Antequera-Oaxaca. Cancionero Musical de Gaspar Fernández