XI Xornada de Onomástica Galega: Ecoloxía e onomástica

Sábado 10 de outubro de 2026, de 10:00 a 19:30 h, no Edificio Castelao

XI Xornada de Onomástica Galega: Ecoloxía e onomástica

A XI Xornada de Onomástica Galega centrarase na perda da toponimia pola transformación do territorio derivada da interacción co ser humano, desde a provocada por industrias como as extractivas aos cambios na organización administrativa.

A xornada conotará coa participación da académica Marilar Aleixandre, Francisco Macías (Edicións Positivas), Valerià Paül (Universidade de Santiago de Compostela), Miguel Á. Conde Teira, Andrea Santiso Arias (IES Val do Asma, Chantada) e Lukas Santiago. As coordinadoras son Ana Boullón e Luz Méndez.

O encontro está organizado polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra. A inscripción é gratuíta, e pode realizarse xa na web da RAG.