Xeira en Carboeiro

Sábado 23 de setembro ás 10:30 h. Inscrición a partir do 8 de agosto

Prazas esgotadas

do 8 de agosto o 15 de setembro

50 persoas

Xeira en Carboeiro

Dentro das actividades programadas arredor do Seminario de Estudos Galegos con motivo do centenario da súa creación, o Museo de Pontevedra organiza dúas saídas temáticas a modo de xeiras pola comarca de Deza. Esta segunda está centrada no mosteiro de Carboeiro, e inclúe unha visita, unha conferencia e unha andaina opcional.

Programa:

10:30 h. Encontro no aparcamento do mosteiro de Carboeiro (Silleda).

10:30 h. Visita guiada ao mosteiro.

11:30 h. Conferencia “Carboeiro: novas investigacións, descubrimentos e o camiño cara a recuperación do seu patrimonio disperso”, de Francisco Prado-Vilar, investigador distinguido da Universidade de Santiago de Compostela e do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario de Paisaxes Culturais Atlánticas).

12:30 h. Andaina polos arredores do mosteiro.

13:30 h. Fin da xeira.

Inscricións: do 8 de agosto o 15 de setembro en reservas.museo@depo.gal (indicar número de teléfono). Actividade  de balde.

Prazas dispoñibles: ata 50 persoas.

Descrición da conferencia:

Nesta conferencia farase un percorrido polas máis recentes investigacións sobre a historia do mosteiro de Carboeiro, presentando novos achados documentais, ata agora inéditos, e dando a coñecer os avances na recuperación do seu patrimonio disperso. 

Colabora o Concello de Silleda.

Vídeos