Visitas ás Ruínas de San Domingos

As instalacións permanecerán accesibles ao público ata o 31 de outubro. Ata o día 15 dese mes póñense a disposición das persoas interesadas visitas guiadas de martes a venres ás 12 do mediodía.

Ruínas de San Domingos

O horario de visita será de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19.30 horas polas tardes de martes a sábados, e de 11 a 14 horas os domingos, estando pechadas os luns como todos os edificios do Museo.

A visita é con entrada libre, sen necesidade de inscrición previa nin para realizar a visita libre nin para a guiada.

Máis información sobre o edificio.