Seminario: Tecendo Pinturas. As Artes de Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas
28 de maio e 19 de xuño de 2026 no Edificio Castelao
En paralelo á exposición Arte en parella. Mercedes Ruibal-Agustín Pérez Bellas, o Museo de Pontevedra organiza un seminario no que unha serie de especialistas analizan, con distinta voz e contidos, os tempos que lle tocou vivir a esta parella de artistas, intensamente comprometida coa creación e a cultura desde os anos cincuenta do século pasado. Un percorrido peculiar que se desenvolve lembrando as súas individualizadas e parceladas incursións na poesía, na narrativa e mais na arquitectura, sempre en paralelo co seu intenso e máis coñecido proceso pictórico, que hoxe, como as súas respectivas liñas biográficas, precisa dunha clara reinterpretación.
Baixo a dirección de Cristina Villaverde Ruibal, o seminario desenvólvese en dúas sesións.
O acceso é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.
PROGRAMA
Xoves 28 de maio de 2026, ás 18 h
- Presentación do seminario. Ángeles Tilve Jar e Cristina Villaverde Ruibal
- Conferencia: “O Sobral de Mercedes e Agustín”, Cristina Villaverde Ruibal
- Conferencia: “Conversacións coa funámbula Mercedes Ruibal”, Marga do Val
- Conferencia: ”Mercedes Ruibal e Julia Minguillón, pintoras con política”, Xosé Enrique Acuña
- Conferencia: “Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas. Poetas, andantes e amantes”, Graciela Baquero
- Proxección audiovisual: Homenaxe a Pérez Bellas. TVE-G, 1983. 32 min
Venres 19 de xuño, ás 18 h
- Conferencia: “Arquitecto á ventá. Agustín Pérez Bellas”, José Luis Varela Alén
- Proxección audiovisual: Roma, 1974. Beatriz Ruibal (presentada pola propia autora)
