Seminario: Arquivos de Artistas. Ferramentas para a Investigación nos Museos

Venres 7 de xuño, de 10:00 a 13:30 h e de 16:00 a 19:30 h, no Edificio Castelao

obra de Cáccamo

Seminario sobre o tratamento que destacadas institucións museísticas fan dos arquivos de artistas. Coa participación de Xosé María Álvarez Cáccamo (Legado Berta Cáccamo), Mela Dávila Freire (HFBK Hamburgo), Irene García Chacón (Universidade de Valladolid), Beatriz Herráez (Museo Artium de Arte Contemporánea do País Vasco), Javier Hontoria (Museo Patio Herreriano), Agar Ledo Arias (Museo de Pontevedra), Juan de Nieves (Fundación CNIO, Legado Berta Cáccamo), Manuel Segade (Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía), Ángeles Tilve Jar (Museo de Pontevedra) e Eduard Vallès (Museo Nacional de Arte de Cataluña).

Esta actividade forma parte da programación que o Museo lle dedica a Berta Cáccamo, falecida en 2018, con motivo da exposición “Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo”, que se pode visitar no Museo de Pontevedra do 12 de abril ao 9 de xuño.

Acceso libre

Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.