Semana Lorquiana 2025 no Museo: actividades escolares e andaina
As actividades serán do 11 ao 14 de novembro e a andaina o domingo 16
O Museo de Pontevedra celebra a Semana Lorquiana, un conxunto de actividades dedicado a lembrar as visitas de Federico García Lorca á cidade de Pontevedra en particular e a Galicia en xeral. É un proxecto creado e dirixido por Polo Correo do Vento.
Actividades concertadas con centros escolares
Do martes 11 ao venres 14 de novembro.
Andaina pola cidade: Federico García Lorca en Pontevedra
- Domingo 16 de novembro, ás 12 h, con saída desde o Edificio Castelao.
- Actividade dirixida a público adulto.
- Ao rematar volveremos ao Edificio Castelao para realizar unha homenaxe ao escritor e ilustrador pontevedrés Carlos Taboada, recentemente falecido, que foi o creador e impulsor da Semana Lorquiana.
