Olladas musicais: audicións comentadas

Os mércores 15 e 22 de xaneiro e 5, 12, 19 e 26 de febreiro, de 19:00 a 20:30 h no Edificio Castelao

Audicións comentadas: explorando a música clásica

A segunda edición deste curso ten como obxectivo principal promover o aprecio e a comprensión da música clásica entre a cidadanía. A través de charlas interactivas e audicións comentadas, achegaráselle este xénero musical a un público adulto, ao proporcionar un espazo de encontro cultural no que quen participe poida explorar, aprender e gozar de obras clásicas emblemáticas.

O acceso é libre. Ademais, entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal e asistan como mínimo ao 70% das sesións.

O curso será impartido por Sara Domínguez Lloria, licenciada en Música con especialidade en Piano, doutora en Educación pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Teatro e Artes Escénicas e outro en Dirección e Xestión de Centros Educativos. Foi directora da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2021 é profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, no departamento de Didáctica Especial da área de Didáctica da Expresión Musical.

Programa completo

  • 15 de xaneiro. Paisaxes sonoras de Vivaldi a Piazzolla: un percorrido polas súas Catro estacións
  • 22 de xaneiro. Eco de dous mundos: Dvořák e a Sinfonía do Novo Mundo
  • 5 de febreiro. Peer Gynt: a unión de drama e música na visión de Ibsen e Grieg
  • 12 de febreiro. Música e mitoloxía: Os planetas de Gustav Holt
  • 19 de febreiro. Unha viaxe musical entre o amor, os soños e a obsesión: a Sinfonía fantástica de Berlioz
  • 26 de febreiro. Paisaxes danzantes: da tradición á innovación na música orquestral