Obradoiros de retrato fotográfico

Os sábados 19 e 26 de novembro e 10 de decembro, de 10.00 a 14.00 h., o Museo acollerá tres obradoiros de retrato fotográfico, impartidos por Luis Pereira.

O obxectivo é que as persoas participantes obteñan un método de traballo efectivo para retratar de maneira resolutiva e co menor equipo posible, aproveitando ao máximo a luz dispoñible.

O obradoiro ten unha duración de catro horas, con dúas partes: na primeira, trabállase de maneira práctica para explicar un método conciso e útil cun equipo mínimo: composición, comprensión da luz, dirección e interacción co retratado.... Na segunda parte visualízase e analízase o cartafol realizado, para afianzar un método de traballo rápido, cómodo e eficaz.

A inscrición aos obradoiros pode facerse a través do correo electrónico reservas.museo@depo.gal. Hai dez prazas dispoñibles para cada obradoiro, dirixidas a público adulto e menores a partir de 12 anos.

De impartir os obradoiros encárgase Luis Pereira, fotógrafo de Cesantes con máis de 20 anos de experiencia. Iniciouse na fotografía de maneira autodidacta, completando a formación en talleres con grandes profesionais da fotografía. Participou en varias exposicións colectivas en lugares como Madrid, Vigo, A Coruña ou París e publicou tres libros: ‘Luis Pereira’ (2018), ‘Seremos un frágil recuerdo’ (2020) e ‘Sobre lo esencial’ (2022).

Estes obradoiros forman parte das actividades complementarias á exposición ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’.