Obradoiro ‘Ilustrando un pasado mítico’

Unha quenda diaria do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro, de 11.30 h a 13.00 h

Obradoiro ‘Ilustrando un pasado mítico’

Neste obradoiro a rapazada fará ilustracións sobre a lenda mítica da fundación da vila de Pontevedra.

Para nenas e nenos de 6 a 10 anos. 15 prazas cada día.

Inscrición previa a partir do 12 de decembro, ás 9.00 h, en reservas.museo@depo.gal, indicando nome e apelidos da nena ou neno, idade e teléfono de contacto.