Monográficos Iacobus VII. Encontros coas Coleccións do Museo de Pontevedra

Mércores 17 e xoves 18 de decembro no Edificio Castelao

Monográficos Iacobus

Os Monográficos Iacobus, cursos que abordan a historia da arte e do patrimonio cultural galego desde diversas perspectivas, nacen co propósito de estreitar os vínculos entre a investigación desenvolvida na universidade e as institucións museísticas galegas e achegarlle este coñecemento ao conxunto da sociedade. O seu formato combina dúas partes. En primeiro lugar, un ciclo de conferencias, no que investigadoras e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e profesionais do ámbito museístico abordan de maneira monográfica a obra dunha ou dun artista ou peza presente na colección do museo. Unha segunda parte dedícase ao encontro directo coas obras, na que as e os relatores afondan na súa explicación tendo a materialidade dos obxectos diante. Esta formulación favorece unha relación máis inmediata coas pezas e ofrécelle ao público unha comprensión máis completa das producións artísticas.

Esta sétima edición concíbese, ademais, como unha homenaxe ao profesor Ramón Yzquierdo Perrín, cuxo recente falecemento deixou unha profunda pegada en todas as persoas que traballan no campo da historia da arte. Mestre, compañeiro e referente na investigación, o seu legado intelectual seguirá orientando as futuras xeracións de historiadoras e historiadores da arte en Galicia. A el lle dedicamos este ciclo de conferencias en recoñecemento á súa traxectoria e ao seu labor.

 

Organizan:

Museo de Pontevedra

Grupo de Investigación Iacobus. Proxectos e Estudos sobre Patrimonio Cultural da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 

Formato:

Presencial. Rexistraranse en vídeo as intervencións para poñelas á disposición das persoas interesadas na páxina web do encontro.

 

Dirección:

Sara Carreño López (USC)

Diana Duo Ramila (Museo de Pontevedra)

Agar Ledo Arias (Museo de Pontevedra)

 

Secretaría:

Raquel Torres Fernández (Museo de Pontevedra)

Juan Carlos de la Vega Castiñeiras (Museo de Pontevedra)

Pilar Moreira Díaz (Museo de Pontevedra)

Juan García Touriño (Museo de Pontevedra)

 

INSCRICIÓN

Inscrición gratuíta. Emitirase certificado dixital de asistencia por 15 horas.

Data límite de inscrición: 14 de decembro. 

Actividade recoñecida para os programas de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte e en Estudos Medievais da Universidade de Santiago de Compostela.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

PROGRAMA

MÉRCORES 17 DE DECEMBRO

Mañá, de 9:30 a 14:00 h

9:30 h Presentación

Ángeles Tilve Jar, Juan M. Monterroso Montero e Ramón Yzquierdo Peiró

10:00 h “Federico Guisasola e o ano santo compostelán de 1880. Un debuxo do Museo de Pontevedra”

José M. García Iglesias, Grupo de Investigación Iacobus, USC

10:30 h “Descubrir a paisaxe: Pintores viaxeiros do século xix en Pontevedra”

Ángeles Tilve Jar, Museo de Pontevedra

11.00 h Pausa para o café           

11:30 h “O conxunto escultórico da fachada exterior do Pórtico da Gloria e outros exemplos do patrimonio mateano disperso”

Ramón Yzquierdo Peiró, Museo da Catedral de Santiago de Compostela

12:00 h “O pegureiro durmido do Museo de Pontevedra e a década de posguerra na pintura de Garabal”

José M. López Vázquez, Grupo de Investigación Iacobus, USC

12:30 h Visita ás obras da colección

Tarde, de 16:00 a 19:30 h

16.00 h “De Pontevedra ao Morrazo: o tímpano románico de Moaña en contexto”

David Chao Castro, Grupo de Investigación Iacobus, USC

16:30 h “Miradas ao pasado na obra de Castelao: a paisaxe monumental como elemento identitario”

Sara Carreño López, Grupo de Investigación Iacobus, USC

17:00 hOlladas á alteridade na plástica contemporánea galega. A obra de Castelao”

Patricia Cupeiro López, Grupo de Investigación Iacobus, USC

17:30 h “Novas incorporacións ao Museo de Pontevedra: Pastoral, de Francisco  Lloréns Díaz (1874-1948)”

Raquel Castro Lorenzo, Museo de Pontevedra

18.00 h Visita ás obras da colección

XOVES 18 DE DECEMBRO

Mañá, de 10:00 a 14:00 h

10:00 h “A ruína monumentalizada: San Domingos de Pontevedra na colección do Museo de Pontevedra”

Begoña Fernández Rodríguez, Grupo de Investigación Iacobus, USC

10:30 h “A medallística na colección numismática de Blanco Cicerón”

Erea Castro Alfonso, Museo de Pontevedra

11:00 h Pausa para o café           

11:30 h “Sequela Christi e iconografía franciscana en Pontevedra”

Dolores Fraga Sampedro, Grupo de Investigación Iacobus, USC

12:00 h “Obra de Julio Prieto Nespereira na colección do Museo de Pontevedra”

Diana Duo Ramila, Museo de Pontevedra

12:30 h Visita ás obras da colección

Tarde, de 16:00 a 19:30 h

16:00 h “Cabaleiro para a eternidade: o sepulcro de Suero Gómez de Soutomaior”

Marta Cendón Fernández, Grupo de Investigación Iacobus, USC

16:30 h “A maternidade na obra de Xoán Piñeiro. Retrato de nai e fillo

Miriam Elena Cortés López, Grupo de Investigación Iacobus, USC

17:00 h “’Castañas verdes en Nadal, saben ben e pártense mal’. A felicitación do Nadal como xénero no Museo de Pontevedra”

Juan M. Monterroso Montero, Grupo de Investigación Iacobus, USC

17:30 h Clausura             

Ángeles Tilve Jar, Juan M. Monterroso Montero, Diana Duo Ramila e Sara Carreño López

18:00 h Visita ás obras da colección

 

CONTACTO

Sara Carreño López: sara.carreno@usc.es

Diana Duo Ramila: diana.duo@depo.es  986 804 100 (extensión 42327)