Lectura de Xosé María Álvarez Cáccamo do seu poema Berta

Venres 3 de maio, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

obra de Cáccamo

Lectura a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo do poema longo Berta, que escribiu despois da morte en 2018 da súa irmá, Berta Cáccamo. Foi publicado en maio de 2019, hai agora cinco anos, pola editorial Chan da Pólvora, nunha edición que incluía varios debuxos da pintora seleccionados por Juan de Nieves. O tamén comisario da exposición comentará o poema.

Esta actividade forma parte da programación que o Museo lle dedica á artista viguesa con motivo da exposición “Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo”, que se pode visitar no Museo de Pontevedra do 12 de abril ao 9 de xuño.