Concerto didáctico: Abraham Cupeiro. Resoando no pasado
Sábado 11 de maio, ás 12:00 h no claustro do Edificio Sarmiento
Acceso con reserva previa desde o 30 de abril ás 9:00 h en reservas.museo@depo.gal, indicando nome e teléfono de contacto. Reservaranse un máximo de 4 prazas por solicitude por rigorosa orde de inscrición. Capacidade limitada.
‘Resoando no pasado’ é unha colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto pedagóxico no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través do son dos instrumentos de vento.
Dende unha pequena frauta de óso (46.000 a. C.) ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas.
Ao longo do concerto todos eles resoan de novo dando lugar a interesantes anécdotas, de xeito que nos achegan á parte máis humana dos instrumentos musicais.