Concerto de Raúl Rodríguez e Manuel Morales no ciclo ‘O son do piano’

Martes 12 de marzo, ás 19:00 h no Edificio Castelao

Raúl Rodríguez e Manuel Morales

O frautista Manuel Morales e o pianista Raúl Rodríguez ofrecen o concerto que pecha o ciclo ‘O son do piano’, no que no mes de marzo tres formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do noso piano.

Morales e Rodríguez presentarán o espectáculo ‘...Música, onte-hoxe...’, unha perspectiva da música de onte ata hoxe en día a través de dous instrumentos actuais unindo compositores de distintos períodos. Se os instrumentos musicais son a consecuencia dunha progresiva transformación lóxica, a frauta e o piano son o medio que conecta neste recital obras de tan diversos estilos.

Manuel Morales é graduado polo RCSM de Madrid con mención de honor fin de carreira e no RCSM da Haia (Holanda) en frauta travesa e traverso barroco. Premiado no Concurso Internacional de Música de Cámara Guadamora en Pozoblanco (Córdoba) e na prestixiosa Baroque Flute Artist Competition en Dallas (EEUU). É doutor en Música (Performance) pola Universidade de Aveiro (Portugal) e catedrático no CSM de Vigo.

Raúl Rodríguez compaxina o seu labor de intérprete coa docencia na academia Bambera de Vigo. No seu repertorio mostra interese pola cultura musical galega. No ano 2021 recibe o Premio Extraordinario Fin de Grao Superior, outórganlle o primeiro premio do VII Concurso de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Vigo e o terceiro premio do VI Concurso de Solistas do CSM de Vigo.

Programa

I

Sonata (1936) Paul Hindemith (1895-1963)

1. Heiter bewegt

2. Sehr langsam

3. Sehr lebhaft- Marsch

Suite n0 5 Op. 2. Mi menor (1715) Jacque-Martin Hotteterre (1674-1763)

1. Allemande - La Chauvet

2. La Messinoise

3. Rodeau - Le Lutin

4. Gigue - La Perousine

Sonatine (1943) Henri Dutilleux (1916-2013)

Sonata KV 13. Fa mayor (1764) Wolfgang Amadeus Mozart (1756-91)

1. Allegro

2. Andante

3. Menuetto I & II

II

Cantiga (2011) Jesús González (1965)

Sonata Undine Op. 167 (1882) Carl Reinecke (1824-1910)

1. Allegro

2. Intermezzo

3. Andante tranquillo

4. Finale: Agitato ed appassionato, quasi Presto

Preludio n0 1 BWV 846 (+-1722) Johann Sebastian Bach (1685-1750)

Spiegel im Spiegel (1978) Arvo Pärt (1935)