Concerto da Orquestra Galega de Liberación
Edificio Castelao, sábado 31 de outubro de 2026, ás 19:00 h
Concerto deste proxecto constituído por artistas e intérpretes con recoñecemento nos distintos eidos do mundo clásico, do jazz, das músicas de vangarda e das artes performativas. Unha comunidade de artistas residentes en Galicia que se reúnen arredor das artes de vangarda, da busca de novas formas de creación espontánea e da improvisación como fonte de investigación.
