Concerto: A Singer of Songs

Venres 6 de outubro ás 19.30 h no convento de Santa Clara. Con reserva de praza previa

Prazas esgotadas
 

Convento de Santa Clara

A Singer of Songs

O concerto é de balde e ten acceso limitado, polo que é necesario reservar praza previamente, escribindo a reservas.museo@depo.gal antes do 6 de outubro ás 14:00 h. Cada persoa pode reservar ata dúas prazas e é necesario indicar un número de teléfono de contacto.

A Singer of Songs é o alter ego de Lieven Scheerlinck, un belga que vive en Barcelona desde hai máis de 20 anos. Desde 2008 publicou seis álbums de estudo e dous EP colaborativos con Tiny Ruins e Withered Hand. As súas cancións foron comparadas pola prensa con Sparklehorse, Iron & Wine, Vic Chesnutt e copos de neve caendo a cámara lenta.

Esta primavera publicou o seu primeiro libro, titulado ‘Dulce derrota’ e editado polo selo discográfico Son Canciones, do que é cofundador. O concerto supón a presentación do seu debut literario en Pontevedra, cidade á que o unen lazos afectivos.

“Podes esperar un concerto, pero tamén moitas historias sacadas das 200 páxinas do libro. Historias sobre música, claro, pero tamén sobre empezar de cero en Barcelona e ser pai de acollida. Sobre como todos somos a promesa de algo nalgún momento, para deixar de selo en calquera outro. Sobre a acne e Romario, ‘The Final Countdown’ e Chernóbil. Pero en primeiro lugar, sobre perder: no amor, no sexo, na alfombra vermella, no xornalismo, na cancha de tenis, nos concursos de playback e… na música. E sobre como, cando aprendas a vivir coa derrota, xa nunca máis serás derrotado.