Ciclo de cinema María Luisa Bemberg: Momentos

Sábado 21 de novembro de 2026, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Ciclo de cinema Maria Luisa Bemberg

O Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo e o Museo de Pontevedra dedícanlle un ciclo de proxeccións á cineasta arxentina María Luisa Bemberg. Este reunirá as catro primeiras longametraxes da directora, que se proxectarán en orde cronolóxica os sábados, do 21 de novembro ao 12 de decembro. Ademais, contará coa colaboración do Arquivo María Luisa Bemberg e Lita Stantic Producciones.

 

Momentos

Arxentina, 1981 · 90 min

Lucía, unha arquitecta casada cun médico maior ca ela, inicia unha relación cun colega máis novo. O encontro lévaa a repensar o seu matrimonio e as decisións que tomou ata entón.

Dirección: María Luisa Bemberg
Guión: María Luisa Bemberg e Marcelo Pichón Rivière
Elenco: Graciela Dufau, Miguel Ángel Solá e Héctor Bidonde

 

Sobre María Luisa Bemberg

María Luisa Bemberg (Bos Aires, 1922-1995) foi unha guionista e directora pioneira do cinema arxentino, nunha época na que poucas mulleres dirixían películas no país. Cunha mirada crítica e cun humor sutil, ampliou o lugar das mulleres no cine arxentino, tanto diante coma detrás da cámara. A súa obra alcanzou recoñecemento internacional con Camila, coprodución entre Arxentina e España nomeada ao Óscar á mellor película estranxeira en 1985.