Novas - Museo de Pontevedra
Novas
-
A exposición ‘Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia’ foi a máis visitada no Museo nos últimos seis anos
Un total de 14.402 persoas visitaron a mostra aberta no Edificio Castelao entre o 6 de agosto e o 16 de outubro
21/10/2022
-
O convento de Santa Clara será o sétimo edificio do Museo
Nos vindeiros días asinarase un convenio de cesión entre o Concello e a Deputación de Pontevedra e de maneira paralela porase en marcha un concurso de ideas para a rehabilitación do inmoble
06/10/2022
-
‘O Museo en Camiño’ dará a coñecer a alumnado de Primaria algunhas das pezas máis destacadas da colección
Este venres 16 de setembro arranca o proxecto ‘O Museo en Camiño, volta á ruta’, unha iniciativa que busca dar a coñecer ao alumnado de Primaria o patrimonio que atesoura o Museo de Pontevedra, reforzando tamén o papel do Camiño de Santiago como eixo vertebrador de Cultura.
13/09/2022
-
As II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial reflexionarán sobre o estado da difusión do patrimonio en Galicia, España e Portugal
O Museo de Pontevedra acollerá o 3 e 4 de novembro as II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial, este ano baixo o lema ‘Construíndo futuros desde a educación’. Dáselle así continuidade á primeira edición organizada o ano pasado, consolidando o Museo como referente no debate sobre a investigación e a innovación na difusión do patrimonio. Nas xornadas poranse en común experiencias relevantes no eido da educación patrimonial por parte de profesionais e persoal investigador de importantes museos e universidades de Galicia, España e Portugal.
12/09/2022
-
O Museo aprobará a restitución dos dous cadros da escola de Dieric Bouts espoliados polos nazis
A Deputación de Pontevedra vai aprobar este venres en Pleno a restitución do díptico ‘Mater Dolorosa’ e ‘Ecce Homo’ que foran espoliados polos nazis e se atopan no Museo de Pontevedra. Unha vez certificada a resolución plenaria, o Museo porá ambas pezas a disposición da autoridade central do Ministerio de Cultura e Deporte do Estado Español, e esta deberá comunicar o acordo ao Estado polaco para facer a entrega e finalmente trasladar as pezas ao seu territorio.
08/09/2022
-
O peche do programa ‘EmprazArte’ será os días 23 e 24 de setembro
O 23 e 24 de setembro terán lugar as dúas actuación coas que o Museo de Pontevedra pechará a edición deste ano de ‘EmprazArte’: Rodrigo Ramos ofrecerá un concerto o venres á noite e Magín Blanco unha actuación infantil o sábado pola mañá.
31/08/2022