A nosa revista: El Museo de Pontevedra

O primeiro exemplar da revista El Museo de Pontevedra, de periodicidade anual, saíu do prelo en 1942. As primeiras entregas realizábanse en fascículos que logo se encadernaban para formar un só volume anual. Desde entón veuse editando con regularidade variable, dependendo das contrariedades do momento histórico ou económico que atravese a institución.

A temática que difunde é a miscelánea, sempre relativa ás humanidades (Arqueoloxía, Historia, Arte, Antropoloxía, Literatura, Biografía, Bibliografía, Museografía, Arquivística etc.) fundamentalmente relacionadas con Galicia, en xeral, e con Pontevedra, en particular, sen faltar alusións a outras áreas xeográficas.

Normas para presentación de orixinais

Os traballos enviaranse a publicacions.museo@depo.gal Museo de Pontevedra, R/ Pasantería 2, 36002 Pontevedra

Deberán ser orixinais e inéditos e non estar aprobados para a súa publicación noutra revista. Admitiranse artigos en idiomas distintos ao galego ou castelán coa aprobación do Consello de Redacción.

Os datos persoais da persoa autora deben enviarse en documento aparte, incluíndo dirección, correo electrónico, teléfono, titulación académica e nome da institución científica á que pertence. Se no texto debe figurar algunha mención que permita deducir o nome da persoa autora, deberase enviar tamén unha versión anónima para avaliación, indicando as diferenzas entre as dúas versións a efectos da composición da versión definitiva.

O texto presentarase en soporte electrónico (MsWord, WP ou formato convertible RTF), libres de formato, sen paxinación, pés de páxina, encabezados ou calquera outro engadido. Deberá aparecer o título en galego/castelán e inglés e engadiranse dos resumes en ambos idiomas dun máximo, cada un deles, de 100 palabras, ademais das correspondentes «palabras clave» en ambos idiomas.

As ilustracións deberán presentarse en arquivos individuais, en soporte dixital con máxima resolución (mínimo 300 ppp), en formato JPG/TIF cor CMYK. Recoméndase que teñan a mellor calidade posible en beneficio da súa óptima reprodución.

As ilustracións deberán ir numeradas correlativamente en función do texto, indicándose neste o lugar onde deben incluírse do seguinte xeito: [fig. 1]. Nun arquivo aparte indicarase a numeración e os seus correspondentes pés de ilustración.

O material gráfico suxeito a dereitos de autor, ou reprodución, deberá ir acompañado das autorizacións correspondentes e, no seu caso, a cita das fontes.

As citas no texto realízanse co apelido do autor e o ano, separados cunha coma, entre parénteses. O número de páxinas reflíctese tras dous puntos, se se cita —sen resumir— a información dunha(s) páxina(s) específica(s).

A bibliografía aparecerá ao final baixo o epígrafe «Bibliografía citada» e irá ordenada alfabeticamente polo apelido do autor ou autores. Emprégase o estilo Harvard para citas e referencias bibliográficas:

Libro cun autor

Apelidos, Iniciais nome. (ano) Título. Lugar: Editorial

Libro con múltiples autorías

Nas citas do texto pódese utilizar et al. para máis de tres autores, pero na lista de referencias reflíctense todos os autores.

Capítulo dun libro

Apelido autor capítulo, Inical nome. (año publicación libro) “Título capítulo”. En: Título do libro. Ed. por Apelido editor, Inicial. Lugar: Editorial, páxina-páxina.

Artigo de revista

Apelido, Inicial. (ano) Título artigo. Título revista, Volume (número), páxina-páxina.

Recursos electrónicos

Organización (ano creación ou actualización) Título páxina Web [en liña] dispoñible en <dirección Web> [consulta: data formato dd mes aaaa].

Debe incorporarse como enlace o DOI de todas as obras incluídas na bibliografía que o posúan. No portal de procuras de CrossRef  poden buscarse as obras para determinar se teñen DOI e cal é. Exemplo:

Gaitán Salinas, C., (2016). “Arte, educación y mujer. Embarque hacia el exilio de 1939”. Archivo Español de Arte, 89(353), pp.61–76.
http://dx.doi.org/10.3989/aearte.2016.05.

Os orixinais, unha vez analizados polo Consello de Redacción, someteranse ao ditame externo de dous especialistas na materia. O método de avaliación empregado será o “dobre cego”, manténdose o anonimato tanto do autor coma dos avaliadores. Tras o ditame, a dirección da revista decidirá se procede ou non a súa publicación, notificándollelo aos autores no prazo máximo de seis meses. Unha vez superado este trámite, os artigos entrarán en lista de espera para a súa publicación, segundo orde de chegada á revista e criterio do Consello de Redacción.

Aviso de dereitos de autor

Ao publicar en El Museo de Pontevedra, a persoa autora cede todos os dereitos de explotación do seu artigo á revista, que coas condición e limitacións dispostas pola lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright.

Corrección de probas e envío de exemplares

As primeiras probas de imprenta serán enviadas aos autores para a súa corrección, que deberá limitarse, fundamentalmente, as erratas de imprenta ou a cambios de tipo gramatical. Non se admitirán variacións que alteren significativamente a maquetación. Para evitar retrasos na publicación, prégase a máxima rapidez na devolución das probas corrixidas, preferiblemente por correo electrónico, sen que en ningún caso poida exceder de 15 días. A corrección das segundas probas efectuarase na revista.

O autor recibirá gratuitamente un exemplar do número no que se publique o seu traballo e tamén a separata en formato PDF

El Museo de Pontevedra declina calquera responsabilidade sobre posibles conflitos derivados da autoría dos traballos que se publican nela.