Ano Castelao

En 2025 celébrase o 75.º cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O artista, escritor, intelectual e político galeguista está intimamente ligado ao Museo de Pontevedra. Castelao foi un dos seus patróns fundadores e nel custódiase unha parte fundamental do seu traballo artístico, con arredor de 1.800 pezas, unha selección das cales se expón en dúas salas no edificio que leva o seu nome. Tamén está no Museo a súa biblioteca, documentos e obxectos da súa actividade literaria, como investigador e como líder do galeguismo.

O Museo de Pontevedra ofrece ao longo de 2025 unha ampla programación dedicada a este autor, ademais dunha serie de recursos en liña, propostas didácticas, publicacións e outro tipo de contidos que permiten que persoas de todas as idades e procedencias se acheguen a esta figura imprescindible da Galicia do século xx.

ACTIVIDADES NA AXENDA actividades

Na axenda de actividades do Museo para este 2025 están previstas varias relacionadas coa figura de Castelao: proxeccións, concertos, conferencias, mesas de debate, presentacións de libros...

Podes consultar as actividades programadas e as xa realizadas na sección de Actividades da web.

VISITAS GUIADAS Foz da Ramallosa e praia América

O Museo conta cunha oferta permanente de visitas guiadas para público xeral que inclúen o achegamento ás salas nas que se expón a obra de Castelao.

Visitas guiadas especiais ás salas de Castelao

Durante 2025, o primeiro martes de cada mes, ás 18:00 h, prográmase unha visita guiada ás salas de Castelao, aproximadamente dunha hora de duración e para a que se require reserva previa. A inscrición realízase a partir do luns da semana anterior a través deste formulario

Visitas guiadas á colección permanente

Todos os sábados e domingos, ás 12:00 h, realízanse visitas guiadas á colección permanente, nas que tamén se inclúen as salas de Castelao. Non é necesaria inscrición previa. Máis información aquí.

Visitas de grupos concertados

O Museo organiza tamén visitas concertadas para grupos de ata 25 persoas (ou ata tres grupos de 25 persoas simultaneamente, en función da dispoñibilidade). Pódense reservar de martes a domingo a través deste formulario.

RECURSOS INTERACTIVOS Foz da Ramallosa e praia América

Na web do Museo pódense explorar as obras de Castelao, tanto as expostas a través de visitas virtuais coma todos os fondos da súa colección, a través dunha nova ferramenta de busca.

Explora a colección

Consulta na web os fondos da colección de Castelao, con 1.834 fichas de obras artísticas custodiadas nesta institución.

Máis información 

Itinerario virtual temático

Itinerario temático mediante unha visita virtual que afonda no estilo e pensamento do artista, escritor e político.

Máis información

Visita virtual libre

Navega pola visita virtual do Museo de Pontevedra. Achégate ás salas 7 e 8 da planta 2.ª do Edificio Castelao e contempla as obras expostas ao teu ritmo.

Máis información

COÑECES O TEU Foz da Ramallosa e praia América

A sección do noso sitio web dedicada a textos e vídeos que afondan na colección contén varios deles dedicados a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Romance de unha fatal ocasión, un inédito dedicado a Castelao

María Jesús Fortes Alén

A porta pechada 23: autocaricatura de Castelao [vídeo]

José Luis Ageitos Míguez

A porta pechada 13: estampas de Castelao [vídeo]

Sabela Santos Filgueira

Castelao e a emigración [vídeo]

José Manuel Castaño García

Castelao e os cegos [vídeo]

José Manuel Castaño García

Castelao e a fonte da Ferraría

M.ª Jesús Fortes Alén

ACTIVIDADES ESCOLARES E RECURSOS DIDÁCTICOS Foz da Ramallosa e praia América

Na oferta de actividades e recursos didácticos dirixidos a centros educativos e público escolar, o Museo ofrece varias propostas relacionadas coa figura de Castelao.

Visita guiada “Os mundos de Castelao”

Visita guiada polas salas dedicadas á figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao cunha duración de entre setenta e setenta e cinco minutos. Están dirixidas a nenas e nenos de ESO e bacharelato e poden ir acompañadas da realización dun caderno de actividades para o alumnado.

Proxeccións escolares de Castelao: de chumbo a verba

Entre xaneiro e marzo de 2025, o Museo ofrécelles aos centros escolares de Pontevedra a posibilidade  de asistir a unha proxección do documental ficcionado Castelao: de chumbo a verba. Dirixida ao alumnado de 5.º e 6.º de educación primaria, ESO e bacharelato. Máis información aquí.

Caderno Meu Castelao

Caderno didáctico para 5.º e 6.º de educación primaria para utilizar durante a visita ás salas de Castelao no Museo de Pontevedra. Pódese descargar aquí en PDF

Caderno Os mundos de Castelao

Caderno didáctico orientado á educación secundaria para utilizar durante a visita ás salas de Castelao no Museo de Pontevedra. Pódese descargar aquí en PDF

Máis información

PUBLICACIÓNS Foz da Ramallosa e praia América

O Museo de Pontevedra editou ao longo da súa historia varias monografías relacionadas con Castelao. Pódense adquirir no Edificio Castelao e, nalgún caso, descargar en PDF.

En 2025 están previstas novas publicacións e reedicións, que anunciaremos no seu momento.

Castelao. O retorno a Galicia 1984. Xan Carballa [Fotografías]

Xan Carballa Alonso e Xosé Enrique Acuña Rodríguez

Catálogo da exposición homónima. Publicado en 2024.

Romance de unha fatal ocasión e Tibi Bastianys Imperator Peruensis. Dúas composicións poéticas do Seminario de Estudos Galegos

María Jesús Fortes Alén e Eva Pena Rodríguez

Edicións facsimilares de dous romances humorísticos realizados por membros do Seminario de Estudos Galegos, o primeiro deles dedicado a Castelao. Publicado en 2023.

Descarga en PDF o estudo previo

Catálogo

Esenciais. Castelao no Museo de Pontevedra

José Manuel Castaño García

Achegamento ao esencial dos fondos de Castelao no noso Museo. Versión en galego. Publicado en 2022.

Descarga en PDF

Catálogo

Esenciais. Castelao en el Museo de Pontevedra

José Manuel Castaño García

Achegamento ao esencial dos fondos de Castelao no noso Museo. Versión en castelán. Publicado en 2022.

Catálogo

Meu Pontevedra! Castelao 1916-1936

José Manuel Castaño García e M.ª de los Ángeles Tilve Jar

Catálogo da exposición homónima. Publicado en 2017.

Castelao artista. Os fundamentos do seu estilo (1905-1920)

Varios autores

Catálogo da exposición homónima. Publicado en 2016.

Castelao en Bretaña

Xosé Carlos Valle Pérez

Catálogo da exposición homónima. Publicado en 2004.

Descarga en PDF

Castelao e o teatro. Escenografías

Xosé Carlos Valle Pérez

Pequeno catálogo da exposición homónima. Publicado en 2000. Esgotado.

Descarga en PDF

Castelao e as cruces de pedra

Xosé Carlos Valle Pérez

Pequeno catálogo da exposición homónima. Publicado en 2000. Esgotado.

Descarga en PDF

A obra de Castelao no Museo de Pontevedra: Guía didáctica

José Manuel Castaño García

Guía breve de carácter didáctico pola obra de Castelao exposta no Museo. Publicado en 1999. Esgotado.

Descarga en PDF