XV Encontro de Conservación e Restauración: O Dourado no Patrimonio Cultural

Xoves 19 e venres 20 de novembro de 2026, no Edificio Castelao

XV Encontro de Conservación e Restauración: O Dourado no Patrimonio Cultural

O Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia propoñen unha aproximación ao fascinante universo do dourado a través da experiencia de profesionais e investigadoras e investigadores de referencia. Ao longo de dúas xornadas, abordaranse a súa historia, os materiais e procedementos empregados na súa execución, así como os avances máis recentes no seu estudo, conservación e restauración; ofrecerase un espazo de encontro e intercambio aberto tanto a profesionais coma ao alumnado e ás persoas interesadas no patrimonio cultural.

Máis información e inscricións: https://museo.depo.gal/encontro-conservacion-restauracion/