Visitas guiadas á exposición José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025

Os domingos, do 2 de agosto ao 27 de setembro de 2026, ás 12:00 h

A Deputación leva este sábado 25 de xullo un concerto de Ensemble Groba ata O Grove no marco do programa provincial +Música

Visitas guiadas á exposición José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025, que se exhibe no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra desde o 23 de xullo ata o 27 de setembro de 2026.

As visitas guiadas realizaraas o equipo de Educación do Museo de Pontevedra, excepto a do 2 de agosto, que será conducida polo comisario da mostra, Xosé Luis García Canido. Para participar en calquera das visitas é necesario reservar previamente.

A exposición amósanos unha escolma das pinturas que José Freixanes (Pontevedra, 1953-Madrid, 2025) concluíu nos seus derradeiros vinte anos, os que transcorren entre Al final del amanecer (Casablanca, 2006), Voces de basalto negro (Damasco, 2007) e novembro de 2025, data do seu falecemento.