Visitas guiadas á exposición ‘Arte en parella. Mercedes Ruibal-Agustín Pérez Bellas’
Os xoves, ás 18:00 h, e os sábados, ás 12:00 h, ata o 28 de xuño
Visitas guiadas á exposición Arte en parella. Mercedes Ruibal-Agustín Pérez Bellas, que se exhibe no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra ata o 28 de xuño de 2026.
Trátase dunha mostra antolóxica de dúas figuras clave na arte galega do último terzo do século XX. A exposición componse de máis dun cento de pinturas e debuxos cos que facer un percorrido pola traxectoria de cada artista, con discursos independentes que dialogan entre si e que conflúen nunha única obra conxunta situada entre ambas as salas. Fotografías, recortes de prensa, documentos, gravacións audiovisuais e as obras que lles dedicaron artistas como Laxeiro e Alberti completan esta exposición.
Para participar na visita é necesaria a reserva previa.
