Tirando do fío. Curso de arte e indumentaria

Os mércores do 31 de xaneiro ao 17 de abril ás 19:00 h

Tirando do fío. Curso de arte e indumentaria

O Museo de Pontevedra organiza un curso sobre a historia da indumentaria a través da arte. Será impartido por Carolina Munáiz, que dedicará cada sesión a un momento histórico diferente, percorrendo así o antigo Exipto, Grecia, Roma, Bizancio, a Idade Media, o Renacemento e o Barroco ata desembocar na Revolución francesa.

O curso celebrarase os mércores desde o 31 de xaneiro ao 17 de abril, de 19:00 a 20:30 horas no Edificio Castelao. O 14 de febreiro (Mércores de Cinza) e o 27 de marzo (Semana Santa) non haberá curso.

O acceso é libre. Aquelas persoas que queiran obter un certificado de asistencia, deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e asistir como mínimo ao 70% das sesións.

Programa completo

  • 31 de xaneiro. O antigo Exipto
  • 7 de febreiro. Da Grecia prehelénica á Grecia clásica
  • 21 de febreiro. Indumentaria do imperio: Roma
  • 28 de febreiro. O luxo bizantino e o medievo europeo
  • 6 de marzo. O traxe na Baixa Idade Media
  • 13 de marzo. Do Gótico internacional ao Renacemento
  • 20 de marzo. O boato renacentista
  • 3 de abril. A cultura do Barroco
  • 10 de abril. A moda rococó
  • 17 de abril. Desenlace revolucionario