Suricata Teatro. Begoña Caamaño: a tecedora de historias

Domingo 17 de maio, ás 12:30 h, no Edificio Sarmiento

Suricata Teatro. <em>Begoña Caamaño: a tecedora de historias</em>

Este espectáculo de contacontos ten como obxectivo achegarlle ao público infantil e familiar a figura de Begoña Caamaño, a través da narración oral, e involucralo en diversas dinámicas. A proposta busca dar a coñecer a vida e obra da homenaxeada no Día das Letras Galegas do 2026, e poñer en valor a lingua galega e o poder das historias.

Partindo da metáfora do tecido, a proposta revisa os mitos clásicos desde unha ollada contemporánea e feminista e convida a reflexionar sobre igualdade e pensamento crítico. Analiza e revisa os espazos dedicados ás personaxes femininas e os perfís construídos para elas nas historias.

Unha proposta creada e interpretada por Rebeca Solla, actriz graduada en Belas Artes, cun mestrado en profesorado, con máis de 10 anos de experiencia traballando para a infancia e cun amplo percorrido en teatro infantil e xuvenil.