Seminario Arte, Exilio e Memoria: Castelao, A Derradeira Leición do Mestre e a Emigración Galega en América

Luns 22 de xuño, de 17:00 a 20:00 h, e martes 23 de xuño, de 16:00 a 20:30 h, no Edificio Castelao

Seminario Arte Exilio e Memoria

A exposición temporal do cadro A derradeira leición do mestre, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, constitúe unha oportunidade para reflexionar sobre a relación entre arte, memoria histórica e emigración.

A obra foi pintada en Bos Aires en 1945, no contexto do exilio republicano e en estreita relación coa comunidade galega emigrante en América, que desempeñou un papel fundamental na preservación da cultura galega e no apoio a intelectuais e artistas exiliados tras a guerra civil española.

A emigración galega a América foi, durante décadas, un fenómeno de gran relevancia social, económica e cultural. En cidades como Bos Aires, Montevideo ou A Habana desenvolvéronse importantes redes asociativas que contribuíron a manter viva a lingua, a cultura e o pensamento galeguista.

A través deste seminario preténdese analizar a obra de Castelao non só como unha creación artística de gran valor simbólico, senón como un reflexo da memoria colectiva do exilio e do papel que desempeñou a diáspora galega en América na conservación da súa identidade cultural.

Organizan: Museo de Pontevedra e UNED Pontevedra.

Formato: asistencia presencial ou en liña, en directo ou en diferido.

 

 

PROGRAMA

Luns 22 de xuño

17:00 h. Presentación

Rafael Domínguez Artime, Víctor Manuel González Sánchez e Ángeles Tilve Jar

17:30 h. Conferencia: “Castelao, de ‘xenial artista’ a líder político”

Ramón Villares Paz

18:30 h. Conferencia

Xosé Henrique Monteagudo Romero

19:30 h. Debate

 

Martes 23 de xuño

16:00 h. Conferencia: “De Galicia a América: emigración, asociacionismo e cultura na diáspora”

José María Leal Bóveda

17:00 h. Conferencia: “Castelao en Bos Aires (1945): estudo iconográfico, artístico e simbólico de A derradeira leición do mestre

Ángeles Tilve Jar

18:00 h. Pausa para o café

18:30 h. Mesa redonda

Alberto Vázquez López, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe e Cristian Moares

Modera: Miguel Anxo Seixas Seoane

20:00 h. Debate e reflexión final