Píscore: Molto barroco
Xoves 2 de xaneiro, ás 18:00 h no Edifico Castelao
Unha premiada montaxe que transita entre o teatro, a música barroca, a comedia e a participación do público, cunha exquisita banda sonora que combina pezas clásicas e composicións orixinais de Adrián Saavedra.
Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de escenas cómicas, números musicais, bailes e ata xogos malabares.